miércoles, 5 de diciembre de 2012

Na GALIZA, en GALEGO


Porque durante moitos séculos a nosa lingua xa estivo prohibida na nosa Terra, porque a nosa identidade xa foi menosprezada dabondo, porque non queremos que ningúen nos impoña unha cultura allea, unha cultura espanhola que non existe, que n
on nos pertence, que non queremos.

Porque os nosos pais tiveron que loitar moito para que nós puideramos estudar en GALEGO, na nosa lingua, porque os nosos avós non sabían escribila e inda así souberon coidala como merece. Porque non quero ter que explicarlles ós meus fillos que o galego é unha lingua tan ou máis digna có castelán, tan ou máis válida, tan ou máis culta, e moito, moito, moito máis bonita. Porque non quero que na escola lle falen castelán e deixen de lado ó galego. Porque os problemas de diglosia non se curan sós e coñecer dúas linguas, tres linguas, catro, non é un lastre pra ós nosos nenos, senón un privilexio.

NA GALIZA EN GALEGO!